Re-encontro da AGANTRO: Antropoloxía Galega en Construción 2020

      Comentários fechados em Re-encontro da AGANTRO: Antropoloxía Galega en Construción 2020

Despois de tantos meses sen nos encontrar, e despois de adiar por segunda vez o III Congreso de Antropoloxía de Galiza en Allariz para o ano que vén, AGANTRO quérevos convidar a un encontro virtual, para continuar a partillar coñecementos, proxectos e traballos antropolóxicos nestes tempos de incerteza.

O dia 13 de novembro, das 16 ás 18:30 celebraremos a Xornada de Reencontro da Antropoloxía Galega en construción 2020, un encontro que estará dividido en dúas partes: unha primeira de presentación de novos socios e socias e breve introdución aos seus traballos e proxectos (1h. aprox), e unha segunda, que será a asemblea anual da asociación (1h. aprox). 

Por iso pedimos que confirmedes a vosa asistencia e/ou enviedes as vosas propostas para a primeira parte a través do email da asociación (agantro@gmail.com) ate o dia 30 de outubro. Debido ao tipo de formato, nesta ocasión as presentacións terán que ser máis breves que en anteriores encontros, en torno aos 5 minutos, darémoslle preferencia á xente nova inscrita na asociación para coñecermos mellor. 

Apelamos á vosa participación, que será certificada pola asociación (asistencia e/ou presentación de traballo). Agradecemos a difusión e a participación.

——————————————————

Re-encontro da Agantro: Antropoloxía Galega en Construción 2020

Presentación de socios e socias, os seus proxectos e asemblea Agantro

Data: 13/11/2020

Hora: 16:00 -18:30 (pregamos vos conectedes un pouquiño antes)

Link AQUI